CRTVG

Buscar

A nova factura da luz propón un cambio de hábitos en busca do aforro

Publicado o 11/05/2021 16:25

A partir de xuño, vai haber cambios na factura dos 10,7 millóns de pequenos consumidores que en España teñen contratada a tarifa regulada. A luz custará diferente segundo a hora do día, e establécense tres franxas.

Irá máis cara das dez da mañá ás dúas e das seis da tarde ás dez da noite. A tarifa intermedia será de oito a dez da mañá, de dúas a seis da tarde, e de dez a doce da noite. E pagarase menos dende a medianoite ata as 8 da mañá, as fins de semana e os días festivos. 

O Goberno proponnos cambiar hábitos, por exemplo, ao poñer a lavadora. Para algún, tarefa complexa, para outros, rutina. A cuestión é afacerse.

E hai máis novidades. Poderanse contratar dúas potencias máximas. Isto permitirá, por exemplo, aplicar unha menor para cando non adoitemos estar na casa e outra maior para as horas de máis consumo.

Estes cambios non se aplican aos usuarios do mercado libre, o 60 % dos fogares españois, que seguirán pagando os prezos establecidos no seu contrato coa comercializadora.

Noticias web

11/05/2021