CRTVG

Buscar

A neve volve cubrir os cumios máis altos, nunha xornada fría na montaña luguesa

Publicado o 20/01/2019 15:13

A nevarada continúa no Cebreiro. Timidamente, as folerpas van tinguindo de branco esta zona da montaña de Lugo. Os campos manteñen a capa de neve de onte.

As máquinas quitaneves traballaron durante toda a noite para manter limpas as estradas. A zona mantense en nivel amarelo, con temperaturas baixas e acumulacións de neve que poden chegar aos cinco centímetros. A cota descendeu ata os novecentos metros. Os cativos son os que máis gozan coa neve.

Para moitos é unha oportunidade de coñecer a neve. É a segunda xornada na que calla no que vai de ano. Son invernos anómalos que, con todo, comezan a ser habituais. Todo apunta a que a neve continuará aínda uns días máis nesta zona.
 

Noticias web

20/01/2019