A neve mantén illadas varias aldeas na montaña de Lugo
A neve, que se resiste a marchar, mantén illadas varias aldeas na montaña de Lugo e sen subministración eléctrica nalgún caso dende hai tres días. Tamén quedaran núcleos de poboación incomunicados no Macizo Central ourensán, pero alí a situación xa mellorou.
A uns mil metros de altitude, na serra de San Mamede, esta aldea da Teixeira, en Maceda, quedou illada pola neve.
A cantidade de neve fixo que caeran árbores na estrada o que complicou a limpeza do único acceso que hai á aldea.
Coa estrada limpa o seu illamento deixou paso este domingo á chegada dun grupo de montañeiros.
Cunha boa capa de neve cubrindo aíndo a aldea o que lle preocupa agora son a xeadas que poden deixalos novamente incomunicados.
Máis complicada está a situación na montaña de Lugo. Estas imaxes pertencen ás aldeas de Parada e Casela, no val de Lóuzara. Levan illados dende o venres e tamén sen luz, co cal tampouco lles funcionan os conxeladores, vitais nestas poboacións e máis en época de matanza. Os veciños fan un chamamento para que arranxen a súa situación canto antes.