CRTVG

Buscar

A neve chega as catro provincias galegas, con termómetros baixo cero

Publicado o 04/01/2021 20:07

A neve e o frío van a máis na provincia de Lugo

Case unha semana levan cubertas de neve as zonas máis elevadas da provincia de Lugo. As nevaradas baixaron hoxe ata os 500 metros de altitude e viuse a neve en case toda a provincia, especialmente nas zonas de montaña como o Courel, Os Ancares, o Xistral e a Fonsagrada. O dispositivo de vixilancia de estradas mantivo a rede despexada se ben nalgúns puntos como Mondoñedo ou Vilalba a situación foi máis problemática por causa das placas de xeo. Un día, pois para desfrutar da neve.

"Viñen de Lugo dar unha volta porque non hai moita xente. Moi bonito, parece un país nórdico."

"E se vemos que a situación se complica nas estradas, hai que dar a volta. Non queda outra."

"Caeu moita neve e está todo moi bonito. A xente pasouno moi ben esquiando e coas raquetas. Unha estampoa fermosa."

A xornada veu marcada tamén polo intenso frío, chegando a caer o termómetro nos Ancares ata os 4,4 graos baixo cero. Esta situación de frío invernal vai ser aínda peor durante a noite e vanse acadar os 6 baixo cero no concello de Pedrafita do Cebreiro. Con todo, semella que os ceos van dar unha tregua e poderían cesar as nevaradas. Aínda así, mantense decretada a alerta amarela polo frío extremo en boa parte da provincia de Lugo.

Temperaturas baixo cero na montaña ourensá

Temperaturas baixo cero, en Manzaneda e en Trevinca os termometros chegaron aos 6 graos negativos. A neve cubre toda a paisaxe por riba dos 800 metros de altitude. Varias aldeas de montaña levan días cubertas de neve. A principal dificutade para circular por estas estradas secundarias son as pracas de xeo. A rede principal de estradas está limpa pero compre precacucion Ao longo de toda a xornada efectivos de protección civl están a botar sal para evitar incidentes. está na formación de placas de xeo, sobre todo no acceso ás aldeas de alta montaña. Pero non hai ningunha aldea incomunicada nin con problemas para circular. 

Neva tamén na Coruña e Pontevedra 

Desta vez a neve non callou só nas montañas: tamén en puntos do interior das provincias da Coruña e de Pontevedra, o que causou complicacións nas estradas secundarias. Estas son imaxes desta tarde en Monte Faro, en Rodeiro. E tamén nevou na zona de Montesalgueiro, no concello de Aranga.

Noticias web

04/01/2021