A neve conxelada dificulta o traballo dos gandeiros e a vida dos animais
Carlos achégase no seu tractor a alimentar as máis de 100 cabezas de gando que ten en extensivo nesta leira da Fonsagrada. A neve conxelada deixa os animais sen pasto e co frío precisan máis comida, polo que aumentan o traballo e os gastos.
A peor parte lévana os gandeiros, traballar nestas condicións non é sinxelo tampouco cos vehículos grandes e o estado das vías secundarias nas que se moven dificultan as subministracións.
As mañás tamén son xélidas nas zonas baixas da provincia de Lugo, con temperaturas mínimas que mesmo chegaron a bater os 6 graos baixo cero. Foi o caso de Sarria, onde os veciños notaron o intenso frío desta xornada e coas baixas temperaturas, o principal risco encóntrase nas estradas, ante a posible formación de placas de xeo.
Prevese que nos días vindeiros continúen a rexistrarse xeadas intensas nas comarcas do interior de Lugo.