A neve cobre de branco a montaña luguesa tras unha intensa nevarada
Publicado o 24/04/2019 18:24
A neve regresou á montaña luguesa. Estas son imaxes desde o ceo. Unha intensa nevarada en Pedrafita do Cebreiro, onde esta mañá as temperaturas asomaban lixeiramente en graos positivos e ía moito vento.
Na autovía A-6 desde Vega de Valcarce neva con intensidade. A Dirección Xeral de Tráfico recomenda circular con precaución.