A neve cobre de branco a aldea do Cebreiro
Publicado o 16/11/2019 14:31
A cor branca predomina no Cebreiro, un groso manto de neve cobre toda a paixaxe. Non houbo preciptacións nas últimas horas e o poboado mostra a súa mellor cara, con neve e sen vento. Os visitantes comezan a achegarse.
As estradas están limpas. A neve mantense nas beiras, onde queda amoreada polo paso das máquinas quitaneves que se ocuparon de manter as vías abertas. Chegar ata lugares coma estes é doado, pero cómpre tomar precaucións.
E unha vez na neve, só queda gozar dela.
Xornada de diversión que ten no Cebreiro a súa cita coa neve.