A neve cobre A Montaña de Lugo en plena primavera
A neve na Montaña de Lugo parece que non entende de calendarios. Toda a paisaxe está cuberta por un manto branco que segundo avanza o día faise máis groso. A alerta amarela mantense por acumulacións que superan os cinco centímetros.
Estraño non é que neve a estas alturas do ano en A Montaña de Lugo. Mesmo no mes de maio estes cumios aparecen cubertos de branco.
A peor parte está nas estradas. As folerpas van cubrindoas e só o paso das máquinas quitaneves facilita a circulación dos vehículos.
Tamén afecta aos peregrinos que van a Santiago.
O frío tamén é protagonista desta xornada. A máxima prevista para O Cebreiro hoxe non subiu dos catro graos; en Cervantes quedouse en menos un.
Se teñen previsto gozar da neve en A Montaña de Lugo conten que vai frío e que hai que extremar as precaucións na estrada.