CRTVG

Buscar

A neve causa problemas no interior de Castelló e Valencia con cortes de estradas e trens

Publicado o 09/01/2021 21:06

Filomena ou a nevarada perfecta cubriu con neve fina e incesante o interior da provincia de Valencia. A A-3, a autoestrada que une Valencia e Madrid, ao seu paso pola comarca de Requena-Utiel tivo que ser cortada e centos de camioneiros desviados a esta área de descanso, a 270.

Fuenterrobles, tamén en Requena, vive da gandería. Os accesos ás explotacións estaban bloqueados pola neve, que medía á mañá máis dun metro

A acumulación da neve na liña de alta velocidade Madrid-Cuenca-Valencia obrigou a Renfe a suprimir servizos desde o venres ata o luns, en principio. No interior de Castelló, Filomena causos estragos pero en vilas como Morella deixou postais de comezo de 2021.

Noticias web

09/01/2021