A neve achega os turistas ao Cebreiro para pasar a Noitevella
Publicado o 31/12/2020 21:19
Zorras nas abas do Cebreiro e no medio da aldea, a ilusión que trae a neve e canda ela os turistas que enchen de vida e economía a aldea.
As familias que pasan a fin de ano no Cebreiro encheron os hoteis da zona
Durante todo o día foi baixando a cota de neve, dos 1.200 metros ata os 500.
Queda unha Noitevella de frío e xeadas, e está previsto que mañá continúe nevando nas zonas montañosas, tanto de Lugo coma de Ourense.
Malia que nas dúas provincias hai aviso amarelo por nevaradas, en Ourense espérase que haxa menos precipitacións.