CRTVG

Buscar

A néboa cobre o litoral galego e causa unha caída brusca das temperaturas

Publicado o 18/07/2021 20:44

O domingo ía ser o epílogo perfecto para un fin de semana solleira e calorosa, pero a brétema comezou a entrar á mañanciña polas Rías Baixas e acabou envolvendo o litoral galego. O día de praia co que contabamos tornouse noutro menos luminoso e máis fresco.

A néboa estendeuse sobre A Coruña ao mediodía. A mala visibilidade no mar obrigou a suspender unha das probas de natación da travesía Costa Oleiros. A semana comezará con brumas na costa e coas temperaturas en descenso.

No interior, o panorama seguirá despexado os próximos días. Os peregrinos que, coma estes, pasen por Triascastela, pasarán calor. Agárdanse máximas próximas aos 30 graos.

Noticias web

18/07/2021