CRTVG

Buscar

A nave da rotativa do xornal 'El Progreso' sálvase do incendio de milagre

Publicado o 13/04/2021 14:26

Son as dúas caras do desastre: a nave de Recambios Fraín devorada polo incendio e a da rotativa do xornal 'El Progreso', practicamente intacta. Un tabique separaba ambas. Derrubouse pola calor, pero o cambio na dirección do vento evitou que as lapas entrasen no almacén, onde había unhas 120 toneladas de bobinas de papel. O dique de carga está inutilizado polo momento, á espera da avaliación dos danos na estrutura, pero, por sorte, non houbo maiores consecuencias.

Para evitar a entrada do fume na planta colocaron uns plásticos nas portas de acceso do almacén á rotativa. O que aínda tardarán en esquecer é a impotencia e a angustia que sentiron o domingo. Agradecen e loan o traballo heroico dos bombeiros.


 

Noticias web

13/04/2021