CRTVG

Buscar

A NASA publica as primeiras fotos do Perseverance

Publicado o 06/03/2021 00:16
A NASA publica as primeiras fotos do Perseverance

Primeira foto enviada polo Perseverance

A NASA difundiu as primeiras imaxes enviadas polo rover Perseverance dende Marte. O aparello chegaba a Marte o pasado día 18. No seu primeiro percorrido, Perseverance cubriu 6,5 metros a través da paisaxe do planeta vermello. Foi unha proba de mobilidade mentres os técnicos seguen revisando e calibrando cada sistema do rover. Unha vez todo preparado o aparello percorrerá ata 200 metros.