CRTVG

Buscar

A nai do neno falecido en Mazaricos preséntase como acusación particular

Publicado o 25/06/2021 12:44
A nai do neno falecido en Mazaricos preséntase como acusación particular

A nai do neno falecido hai uns días no encoro da Fervenza, en Mazaricos, preséntase como acusación particular. A proxenitora non solicitou ningún tipo de investigación nin presentou denuncia contra ninguén.

Trátase dun procedemento habitual nestes casos para solicitar e acceder ás dilixencias que se vaian practicando e resolvendo ao longo do proceso xudicial que determine se houbo ou non neglixencias na morte do seu fillo. O rapaz tiña 14 anos e estudaba sexto de primaria.

Noticias web

25/06/2021