CRTVG

Buscar

A nai de Marta Calvo, a moza despararecida en Valencia, pide penas máis duras

Publicado o 16/06/2020 14:36

A nai de Marta Calvo, a moza de 25 anos desaparecida en Valencia, pide a máxima pena para o asasino confeso, Jorge Palma, actualmente en prisión.

Marisol Burón considera que este tipo de crimes non están suficientemente penados en España e agradece o traballo das forzas de seguridade na busca do corpo da súa filla. Nunha carta aberta aos medios de comunicación, a nai de Marta Calvo, a moza supostamente asasinada na localidade valenciana de Manuel por Jorge Palma, actualmente en prisión, di que sente dor, tristeza, rabia e desesperación, pero que reserva forzas para que se faga xustiza.

Agradece tamén os esforzos das forzas de seguridade por localizar o corpo da súa filla desaparecida desde finais do ano pasado.

"A todos e cada un deles, infinitamente grazas, polo seu labor sen tacha, pola súa xenerosidade, a súa entrega e a súa loita por devolverme a Marta".

Despois de preguntarse cantas mulleres máis teñen que ser violadas ou asasinadas, a nai da moza desaparecida considera que en España este tipo de delitos non teñen suficiente castigo e reclama a modificación do Código Penal para endurecer as penas.

"Creo que ante leis máis duras e condenas máis duras, estes depravados asasinos, violadores, delincuentes o pensarían un pouquiño máis, quizais ata o punto de non facelo".

Marisol Burón lamentou tamén que no momento de cometer o crime o asasino confeso da súa filla estivese en liberdade baixo fianza e á espera de xuízo por tráfico de drogas.

Noticias web

16/06/2020