Bos días
A nai das pequenas asasinadas polo seu pai en Moraña loita por que non se derrogue a prisión permanente revisable
Publicado o 05/01/2018 09:12
Rocío Viéitez, a nai das pequenas Amaia e Candela, que foron asasinadas brutalmente polo seu pai en Moraña hai dous anos e medio, pide respecto tanto para a familia da vítima como para a do suposto autor da morte de Diana Quer.
O pai das súas fillas, David Oubel, é o único condenado en España a prisión permanente revisable. Agora que se debate no Congreso a derrogación desta pena, Rocío Viéitez está recollendo sinaturas para que isto non ocorra e se manteña unha privación de liberdade prevista para crimes de excepcional gravidade. Co caso Diana Quer reábrese a disputa política sobre esta pena.