CRTVG

Buscar

A muller de Bárcenas admite ante a comisión Kitchen que sentiu medo pola súa vida e a da súa familia, pero rexeita declarar

Publicado o 13/05/2021 21:03

Na Comisión do Congreso que investiga a suposta trama organizada no Ministerio do Interior para roubarlle documentos a Bárcenas que puideran comprometer dirixentes do PP, compareceu este xoves Rosalía Iglesias, a muller do extesoureiro do PP. Fíxoo desde prisión, onde cumpre condena pola Gürtel. Segundo Bárcenas, a documentación comprometedora que lle roubaron gardábaa no estudo da súa muller. Pero Rosalía Iglesias rexeitou declarar para non prexudicar, dixo, o proceso xudicial. O que si recoñeceu é que neses anos sentira medo pola súa vida e pola dos seus.

Noticias web

13/05/2021