A mostra 'Xela Arias. A poesía do retrato' chega ao campus de Pontevedra
Publicado o 07/06/2021 20:44
Continúan as celebracións arredor da figura de Xela Arias, autora homenaxeada este ano polas Letras Galegas. Tras a súa estrea en Santiago, desde hoxe xa se pode visitar na Escola de Enxeñaría Forestal do campus universitario de Pontevedra a mostra 'A poesía do retrato'.
A exposición propón unha conversa entre corenta textos poéticos da creadora viguesa e outras corenta fotografías en branco e negro de Xulio Gil realizadas nas décadas dos 80 e dos 90, cando eran parella. Os retratos pertencen á colección persoal do fotógrafo, hoxe doada ao fillo de ambos os dous.