CRTVG

Buscar

A mostra 'Dona Emilia e Compostela' percorre o Santiago da vida e da obra de Pardo Bazán

Publicado o 10/03/2021 21:02

Cando se fala de Emilia Pardo Bazán pensamos na Coruña, Madrid ou París, e adoitamos pasar por alto Compostela. Esta exposición resolve ese esquecemento.

"Unha dama de 15 anos que bota uns días en Santiago na casa dunha parente. Escribe este poema 'A Santiago', en que conta a impresión que lle fixo a cidade", explica Santiago Díaz Lage, un dos comisarios. É un arranque para esta exposición no Pazo de Fonseca "sobre as vivencias de Emilia Pardo Bazán en Santiago e sobre a representación da cidade na súa obra".

E, subidos ao pensamento da escritora, metidos en galeras, percorremos aquela cidade capaz de evocar contradicións no ánimo da poeta. "Como estar no cemiterio de San Francisco nun enterro e oír os berros do público da praza de touros".

Noticias web

10/03/2021