CRTVG

Buscar

A morte dun home en Sanxenxo eleva a doce os finados por accidentes de tractor este ano en Galicia

Publicado o 12/09/2020 21:44

Un home faleceu este serán en Sanxenxo ao envorcar o tractor que manexaba en Punta Montalbo. Os equipos sanitarios non puideron facer nada para salvarlle a vida.

Esta é a duodécima vítima en Galicia no que vai de ano en accidentes de tractor. Este tipo de sinistros acontece sobre todo en zonas rurais.