CRTVG

Buscar

A moda acelera o camiño cara á sostibilidade tras a pandemia

Publicado o 22/06/2020 16:57

A Real Academia Galega de Ciencias deulles voz a economistas e produtores de moda sostible, que explicaron que o obxetivo é consumir coma antes: roupa fabricada preto de nós, con bos materiais que a fagan duradeira.

Os expertos cren que os hábitos de consumo de moda xa apuntaban cara a unha maior sostibilidade, e a crise do coronavirus vai afianzar esta tendencia.

A segunda industria máis contaminante do planeta enfróntase a unha transformación sen precedentes, e os expertos coinciden en que a sostibilidade será a mellor receita para recuperar terreo. Aínda que falta por saber, din, se o comprador mantén a corehencia á hora de consumir.

Noticias web

22/06/2020