A moción de censura para desbancar a Albiol da alcadía de Badalona votarase o 8 de novembro

EFE
A oposición de Badalona votará o próximo 8 de novembro a moción de censura para desbancar da alcaldía a Xavier García Albiol (PPC), que retou de novo nas urnas ao resto de formacións, ás que acusa de actuar con "odio e resentimento" e facerlles vítima dunha "tremenda inxustiza".
A conta atrás para desaloxar a Albiol pola súa aparición nos papeis de Pandora, nos que se lle vincula a unha sociedade en Belice, e investir o socialista Rubén Guijarro activouse este venres cando o conxunto de forzas políticas rexistraron o documento, que conta coa firma de 16 concelleiros, dous máis da maioría necesaria para que prospere.
O pleno de votación quedou así automaticamente convocado para o 8 de novembro, dez días hábiles despois da data de rexistro da moción, que rubricaron onte Guanyem Badalona, ERC, En Comú Podem e JxCat, mentres que o PSC fíxoo esta mesma mañá.