CRTVG

Buscar

A ministra de Traballo, convencida de que se renovarán os ERTE

Publicado o 25/05/2021 20:09

O Goberno confía en pactar a prórroga dos ERTE nos próximos días, malia que hoxe os empresarios rexeitaron por unanimidade a última oferta que fixo o ministro de Seguridade Social.

O Executivo terá que convocar un Consello de Ministros extraordinario para renovar o plan, que caduca este próximo domingo 30 de maio.

O Goberno seguirá negociando nas próximas horas coa patronal e cos sindicatos e confía en poder convocar o Consello extraordinario pasadomañá xoves.

Yolanda Díaz, vicepresidenta terceira e ministra de Traballo: "Negociamos toda a noite e seguiremos negociando. Vou deixar a pel para renovar os ERTE. Estou segura de que se conseguirá".


 

Noticias web

25/05/2021