A ministra de Traballo confirma que o Goberno derrogará o despedimento por baixa laboral
Publicado o 23/01/2020 09:29
Yolanda Díaz confirmou que o Goberno derrogará en breve o artigo do Estatuto dos Traballadores que permite o despedimento por baixas laborais continuadas.
"Hai que correr, xustamente porque falamos de dereitos humanos e porque temos unha sentenza do Tribunal de Xustiza Europeo que vai nesta dirección", dixo Yolanda Díaz.