A ministra de Industria defende o rescate da aeroliña Plus Ultra
Publicado o 22/03/2021 15:32
O Goberno central defende o rescate da aeroliña Plus Ultra con 53 millóns de euros, ante a polémica que está a causar esta medida. A ministra de Industria, Reyes Maroto, asegura que cumpre con todos os requisitos.
A oposición pídelle á Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia que se posicione sobre estas subvencións, con cargo ao Fondo de Axudas a Empresas Estratéxicas.
Plus Ultra é unha aeroliña hispano-venezolana que conta con catro avións e unha cota de mercado do 0,1 por cento. Outras compañías aéreas van recorrer esta medida, por considerar discriminatoria a axuda.