CRTVG

Buscar

A ministra de Exteriores defende o diálogo, tamén co Goberno de Maduro, como a "única solución realista" para Venezuela

Publicado o 22/04/2021 20:38

A ministra de Asuntos Exteriores defendeu no Congreso que a única solución realista en Venezuela é falar con todos os actores políticos. González Laya explicou así a posición do Goberno de dialogar co executivo de Maduro.

Unha postura que o PP censurou. Ademais, volveu pedirlle que aclarase o encontro da vicepresidenta Delcy Rodríguez e o ministo Ábalos en Baraxas en xaneiro de 2020, porque, segundo os populares, cada vez dan unha versión diferente. Laya recordou que a xustiza arquivou definitivamente a causa e que Goberno contestou a 70 preguntas sobre ese asunto.

"Remítoos ás numerosas explicacións que xa deu o Goberno e que creo que, francamente, deixan bastante claro cal foi a participación do Goberno, cal foi a responsabilidade, que ocorreu e tamén que non ocorreu porque sinto que hai unha especie de empecinamento en que ocorrera ou ocorrese e que non é o caso", di Arancha González Laya, ministra de Asuntos Exteriores.

 

 

Noticias web

22/04/2021