CRTVG

Buscar

A Armada incorpórase aos traballos de limpeza da cinza na Palma este luns

Publicado o 10/10/2021 14:54

A ministra de Defensa, Margarita Robles, está hoxe na illa da Palma, onde se reuniu coas unidades despregadas polo volcán de Cumbre Vieja. Comezou a xornada cunha visita ás instalacións do acuartelamento en Breña Vieja e despois acudiu ao posto de mando principal da Unidade Militar de Emerxencias, en Santa Cruz da Palma.

A titular de Defensa admitiu que ás veces lle faltan as palabras para expresar "o que sentimos todos" por esta unidade. Ademais, anunciou que este luns se incorpora a Armada para trasladar material e axudar nos traballos de retirada de cinza.

Noticias web

10/10/2021