CRTVG

Buscar

A ministra de Ciencia avanza que a vacina de Hipra podería empezar a fabricarse en outubro

Publicado o 12/08/2021 15:43

Hoxe soubemos algo máis da vacina española que producirá o laboratorio catalán Hipra, e que xa foi autorizada para empezar os ensaios con humanos. A ministra de Ciencia adianta que a idea é iniciar a fabricación do fármaco en outubro.

Diana Morant destacou as "melloras" que incorpora a vacina Hipra fronte ás existentes que se están comercializando e administrando. Morant apuntou, entre esas melloras,a forte resposta inmunitaria que demostrou nos ensaios preclínicos, e que se pode conservar a unha temperatura entre 2 e 8 graos e non necesita por tanto procesos de conxelación. 

Noticias web

12/08/2021