CRTVG

Buscar

A mina de lousa máis grande do mundo está en Galicia, a 300 metros baixo terra

Publicado o 11/03/2021 17:28

Estamos nunha das dúas cámaras que están neste intre en explotación na mina da Fraguiña. Para chegar ata aquí tivemos que percorrer varios quilómetros de túneles que chegan a unha profundidade de ata 300 metros baixo o nivel da terra. A explotación da lousa nesta zona comezou no ano 1968. Naquel intre era a ceo descuberto. Foi nos anos 90 cando pasou a minería subterránea por un maior aproveitamento e por un menor impacto ambiental xa que co refugallo énchense aquelas cámaras que quedan en desuso.

Unha viaxe labiríntica que nos leva ata esta cámara. Aquí é onde se extrae a lousa. Tadaron dous anos en preparala para poder traballar nela. Estará en explotación preto de 3 anos.

Ermpregan o fío diamantado para cortar os bloques de lousa, ao igual que nas canteiras, que despois serán trasladados as naves de transformación que están preto da mina.

Neste intre extrean lousa de dúas cámaras e preparan outras dúas. Aquí baixo a luz dos focos o traballo é continuo as 24 horas do día. A rocha que sae das profundidas da terra en Valderoras acabará nas cubertas de medio mundo.

Noticias web

11/03/2021