CRTVG

Buscar

A metade dos pacientes ingresados na UCI por covid teñen menos de 40 anos

Publicado o 12/07/2021 15:10

Médicos, epidemiólogos e expertos salientan que a incidencia do virus entre o máis novos "nunca foi tan alta. Preto de 500 casos onte en Galicia entre a xente de 15 a 30 anos".

O 35 por cento dos ingresos está no rango de idade de 20 a 29 anos asegura o xerente da Área Sanitaria de Vigo.

Multplicouse por dez a circulación do virus entre os máis novos e os hospitais reséntense. A metade dos pacientes ingresados por COVID nas UCI galegas teñen menos de 40 anos.

O doutor Álvaro Mena, médico internista do CHUAC, mantén que "cando hai infeccións masivas e inféctase moita xente nese rango de idade vamos ter máis xente que ingresa no hospital e na UCI e evidentemente vamos a ter xente que faleza por este problema".

Dende o comezo da pandemia, 5 pacientes menores de 40 anos faleceron en Galicia despois de seren diagnosticados con coronavirus. Álvaro Mena advirte que "cando falamos de patoloxías previas falamos de cousas tan habituais como a obesidade ou a hipertensión arterial. E hai xent e de 35 anos que non está diganosticada pero é hipertensa".

Se ben, os expertos manteñen que debemos poñer foco de atención nos pacientes máis novos que pasaron a infección sen complicación e sen ingresar nun hospital pero con secuelas duradeiras. Isabel Jambrina leva 15 meses convivindo coa chamada covid persistente. A fatiga, o cansanzo, o non poder respirar, dores que non entendes, fallos na túa memoria...cambiaron a  súa vida por completo.

Esta elevada circulación do virus entre os máis novos preocupa, ademais, porque a súa incidencia pode supoñer un paso atrás nos contaxios entre os grupos de poboación xa vacinada.

Noticias web

12/07/2021