CRTVG

Buscar

A metade das persoas contaxiadas por covid teñen menos de 35 anos

Publicado o 25/06/2021 15:18

Xente nova, mozos de entre 20 e 39 anos de idade. É agora mesmo a poboación máis vulnerable ao virus.

"De aí para abaixo é onde hai máis preocupación porque é un momento de remate das clases e esa percepción de relaxación", asegura o conselleiro de Sanidade. 

En Galicia, a metade dos pacientes contaxiados de covid teñen menos de 35 anos. Só na área sanitaria da Coruña-Cee hai uns 260 mozos de entre 20 e 39 anos con coronavirus, e en Ferrol un mozo de 22 anos mesmo tivo que ser ingresado na unidade de coidados intensivos.

Na rúa a idea é que quizais nos relaxamos un pouco vendo que todo vai bastante ben e non deberiamos. Esta repunta de contaxios na franxa de idade máis nova podería aumentar nun momento que se considera delicado ao coincidir o alivio das restricións co inicio das vacacións e o incremento das interaccións sociais.

O médico internista do CHUAC Álvaro Mena asegura que  "é importante manter a coherencia, manter o uso da máscara nas aglomeracións e con xente non vacinada". Os sanitarios destacan que o que hoxe aconteza na rúa, nunhas semanas maniféstase nos hospitais. Por iso, ás portas da vacinación das franxas de idade máis novas, pídenlles prudencia e coherencia nas súas interaccións sociais.

 

Noticias web

25/06/2021