CRTVG

Buscar

A metade das estacións de tren de Ourense están sen uso

Publicado o 28/09/2021 14:32

A metade das estacións de tren da provincia de Ourense están sen uso e no resto, exceptuando a cidade e A Gudiña, apenas paran trens. É a provincia galega con máis estacións pantasma, unha situación que se agravou coa pandemia.

A estación de tren do Carballiño están tan parada coma o seu reloxo, conxelado nas dez. Xa non hai persoal de oficina e nos andéns non vemos pasaxeiros senón paseantes.

O único servizo que queda é o do rexional de tarde entre Ourense e Santiago.

Joaquín Moldes, plataforma por un Transporte Público de Calidade no Carballiño: "Eu sinto impotencia e malestar: que se vaia o noso futuro e non sexamos capaces de pelexalo".

De trinta estacións en Ourense, dezaseis xa non funcionan como tal. Algunhas teñen unha segunda vida, como a de Santa Cruz de Arrabaldo, agora Museo do Traxe Tradicional, e outras simplemente quedaron baleiras, como a de Barbantes-Estación, en Cenlle.

"Barbantes Estación é vila desde que se fixo a estación, pero a circulación de trens é nula completamente", di un veciño.

Renfe atribúe a eliminación de liñas á falta de demanda, agravada durante a pandemia. Este verán, o número de viaxeiros aumentou case un 150 % comparado co ano pasado, pero aínda foi, aclaran, inferior a 2019.

Noticias web

28/09/2021