A Mesa pola Normalización Lingüística denuncia "o veto" do PP para comparecer no Parlamento
Publicado o 25/02/2021 17:39
A Mesa pola Normalización Lingüística reclama que se debata no Parlamento a súa proposta para a normalizar o uso do galego no ensino. Queren que o idioma teña tanta presenza nas aulas como calquera lingua cooficial.