A Mesa do Parlamento aproba a conxelación do salario de todos os deputados para o 2021
En Galicia coñeceremos os investimentos específicos para paliar os danos da pandemia esta mesma semana, cando se aproben en Consello da Xunta. Recolleranse nos presupostos galegos, que se van debater o luns no Parlamento.
As contas recollen a conxelación do salario dos membros da Xunta, incluído o presidente. E hoxe soubemos que todos os deputados tamén terán conxelado o seu soldo.
A Mesa do Parlamento aprobou esta mañá esa medida: conxelar o soldo dos deputados para o próximo ano. Vaillo comunicar á Xunta para que o inclúa nos Orzamentos de Galicia.
A conxelación afecta só os deputados, non o persoal do Parlamento, que como empregados públicos recibirán o incremento no salario do 0,9% aprobado polo Goberno central.
Hai que dicir tamén que esa decisión da Mesa se adoptou por unanimidade dos tres grupos e sen que sequera fose necesario debatela.