CRTVG

Buscar

A Mesa do Congreso decide hoxe se acepta o grupo parlamentario múltiple en que espera integrarse o BNG

Publicado o 13/12/2019 08:28
A Mesa do Congreso decide hoxe se acepta o grupo parlamentario múltiple en que espera integrarse o BNG

A Mesa do Congreso vai decidir hoxe sobre a agrupación que pretenden facer os grupos minoritarios, entre eles o BNG, para non estar todos no grupo mixto e poder ter máis tempo de intervención e tamén dispoñer de máis recursos da Congreso.

Os letrados xa se manifestaron en contra. Din que non teñen os cinco escanos mínimos para formar grupo e que se teñen que integrar no mixto. A decisión aféctalle ao Bloque Nacionalista Galego, que se integraría no Grupo Parlamentario Múltiple.

 

Noticias web

13/12/2019