A Merluzateca de Pontevedra ofrece a pescada en todas as súas variantes
Ouro para facer a cobertura do paté de pescada. Si, si, ouro. É a receita máis relucente que serven na Merluzateca. Tamén teñen pratos algo máis clásicos pero aos que lles dan unha reviravolta, coma esta empanada envolta de pescada ou uns petiscos de pescada afumada, e non poderían faltar unhas croquetas de pescada. Alfonso Díaz, dono da Merluzateca A fritada vai con pescada negra, que é moi zumarenta e fresca, ven todos os martes para nós dos barcos de Marín. Despois temos a pescada rosada, que é unha pescada conxelada que ven dende Arxentina, que traballamos, e parécese moito ao marisco e facémola en arroz. E despois temos a pescada branca, que a traballamos coa empanada, que a traballamos coma se fora bacallau.
Unha idea única que se enmarca dentro do espazo gastronómico na praza de Pontevedra. Quere render homenaxe a este peixe tan noso e, sobre todo, defender unha tradición de pesca moi arraigada en Marín. Alfonso Díaz. dono da Merluzateca. En Marín o cento por cento do peixe, de pescada negra que se vende en España, son barcos de Marín. Entón en Marín estamos moi afeitos a pixota, a pescada. É un xeito de ensinala dende Pontevedra para o mundo e para España traballando coa pescada da terra.
Trátase de darlle pracer ao padal e tamén de defender o esforzo dos mariñeiros nunha degustación que amosa o potencial gastronómico que ten a pescada.