A memoria fotográfica de Laxe segue medrando
Publicado o 14/06/2021 17:42
Tras a aparición e recuperación de preto de 74.000 fotografías do terceiro, dunha xeración de retratistas da vila, as de José María Vidal Eiroa, na casa onde viviu, o Museo do Mar está a clasificar, dixitalizar, documentar e recuperar este importante legado que sae do esquecemento.
Imaxes cotiás, festivas, dos oficios, arquitecturas e retratos que dan idea da vida non só en Laxe, senón de boa parte da Costa da Morte. Nelas está a traballar o responsable do museo, Joaquín Vidal. Van desde os 60 aos 80 do pasado século