CRTVG

Buscar

A mellor decoración de Nadal terá premio en Ribadavia

Publicado o 02/12/2020 22:12

En Ribadavia queren que este ano ningunha casa e tenda quede sen iluminar e sen engalanar. E atendendo a esta chamada, moitos escaparates da vila xa locen decoración de Nadal.

Ribadavía é un dos concellos galegos que seguirá coas restricións máis severas, queren animar deste xeito a que a xente merque no comercio local.

Tamén as vivendas empezaron xa a acicalarse para o Nadal. Hai diferentes premios para as mellores decoracións.

Luces, árbores e grilandas para un Nadal diferente pero, desexan os comerciantes, igualmente máxico.

Noticias web

02/12/2020