O xuízo ao Chile polo intento de rapto en Boiro comezará o 10 de abril
Publicado o 30/03/2019 21:18
Xa hai data para o xuízo contra José Enrique Abuín, o Chicle, polo intento de rapto dunha moza en Boiro en decembro de 2017.Celebrarase nos xulgados de Santiago os días 10, 11 e 12 de abrilA Fiscalía pídelle 16 anos de cárcere por intentar meter no maleteiro unha muller, que logrou fuxir coa axuda de dous mozos alertados polos seus berros.
Durante a vista, a vítima testemuñará sen ser vista polo acusado e a súa imaxe e identidade non poderán ser difundidas. Este mesmo luns, o Chicle ten outra cita coa xustiza. Será unha audiencia preliminar ao xuízo pola morte de Diana Quer. Todo apunta a que nesta ocasión non asistirá.