CRTVG

Buscar

A medalla de prata do K4 pasa por Asturias en dirección a Galicia

Publicado o 10/08/2021 14:25

Carlos Arévalo: "Quero ir a París polo ouro"

E volveron os integrantes do K-4 500 metros dos xogos olímpicos. O adestrador Miguel García con Saul Craviotto e os galegos Rodrigo Germade e Carlos Arévalo. chegaron a Asturias. Germade e Arévalo viaxarán nas proximas horas a Galicia.

Homenaxe do piragüismo asturiano á xesta de conquistar a medalla de prata na cita olímpica. O encoro de Trasona foi o centro de operacións do cuarteto na fase de preparación.

"É o premio a unha carreira, un soño estar nuns xogos, síntome afortunado", comentou Germade.

Carlos Arévalo non quere tempo para reflexionar no acadado, pensa xa na seguinte cita olímpica: "No piragüismo a idade non conta, quero ir a París polo ouro".

Noticias web

10/08/2021