A maxía de rachar o papel a atopar o obxeto desexado que se lle pediu aos Reis Magos
Houbo ollos que durmiron e houbo ollos que non durmiron. E non é o mesmo saír pola porta ca saír pola porta...
Custa asimilar tan incrible espertar, pasear entre repentinas marabillas que desenvolver. Unha capa, outra capa e xa case podemos voar.
Gusta ser máis pequeno ca os agasallos, gusta a música do papel que rompe, búscase con verdadeira ansia. Gusta tanto que ilumina as caras.
Despois da primeira picada da sorpresa parece esencial amosar a nova adquisición. Hai que mirar ben o agasallo, hai que usalo xa, hai un motivo novo de celebración.
Por arte de maxia os coches saltan do televisor ao salón da casa. E os pés levan a alegría da comodidade. Con calcetíns, por suposto, que non faltan nunca.
Unha contaxiosa emoción apodérase do ánimo doméstico. Dende todos os ángulos escrutan cada xoguete, cada historia. Neste día parece imposible escapar da tenrura...
Quedará a paisaxe despois da batalla. Quedará todo un ano envolto no orgullo de xogar.