CRTVG

Buscar

A máscara será obrigatoria nas rúas portuguesas ata setembro

Publicado o 10/06/2021 14:53

A máscara será obrigatoria nas rúas portuguesas ata mediados de setembro. Despois dun duro debate no Parlamento, puxéronse de acordo todos os partidos. Houbo que convencer os conservadores, que non estaban en principio de acordo, pero os malos datos de Lisboa e a previsión da chegada de centos de miles de turistas decantou a balanza cara ao outro lado.

Ata o 15 de setembro será obrigatoria a máscara, así que téñano en conta se van vir a Portugal nas vacacións, porque as multas chegan aos 500 euros. De feito, aumentaron as protestas dos cidadáns portugueses contra os turistas que cada vez son máis remisos a levala posta. 

Noticias web

10/06/2021