CRTVG

Buscar

A máscara no exterior seguirá sendo opcional sempre que se cumpra a distancia física

Publicado o 21/07/2021 21:00
A máscara no exterior seguirá sendo opcional sempre que se cumpra a distancia física

A máscara no exterior seguirá sendo opcional, pero sempre que se cumpra a distancia física dun metro e medio. O Congreso convalidou hoxe o decreto do Goberno que flexibiliza o uso da máscara co voto en contra do Partido Popular e a abstención de dous dos aliados habituais do Goberno, o PNV e mais Esquerra Republicana, que lle criticaron ao Goberno que relaxe o uso da máscara cando recrúan os contaxios en España. A ministra de Sanidade alegou que son supostos concretos e que a regra xeral é que segue sendo obrigatoria.

Noticias web

21/07/2021