A Marea Galeguista promete unha lei que combata a homofobia de xeito real
Publicado o 27/06/2020 15:45
A Marea Galeguista volveu concentrar hoxe en Vigo os seus actos de campaña. Neles non tomou parte esta vez o candidato da coalición á presidencia da Xunta. Peque González, cabeza de lista pola provincia de Pontevedra, reivindicou os moitos avances que, ao seu xuízo, debe acadar aínda o colectivo LGTBIQ.
Na súa intervención, Peque González asegurou que a Marea loitará no Parlamento galego por unha lei que combata a homofobia de xeito real. E fixo un fincapé especial nas demandas das persoas transexuais.