CRTVG

Buscar

A Marea Atlántica reclama a amnistía para os condenados polo 'procés'

Publicado o 07/11/2019 15:02

Os presos cataláns do procés van estar presentes no pleno do Concello da Coruña. Esta tarde a Marea Atlántica presenta unha moción a debate en que reclama do goberno a amnistía para os condenados polo Tribunal Supremo.

Considera que as penas son desproporcionadas e que a sentenza senta unha xurisprudencia que ameaza con recortar dereitos básicos como o de manifestación ou expresión.

Noticias web

07/11/2019