CRTVG

Buscar

A marcha de Ryanair incrementa o prezo na ruta Vigo-Barcelona

Publicado o 27/02/2019 16:30

Será no mes de abril cando Ryanair deixe de operar dende o aeroporto de Peinador, pero a súa marcha xa comeza a notarse no engorde dos prezos nas viaxes entre Vigo e Barcelona. Vueling quedará co monopolio desta ruta e, desaparecida a competencia entre liñas aéreas, tamén o fai a batalla por ofertar mellores prezos e captar pasaxeiros. Os máis prexudicados, os usuarios, que aseguran que notaron nas últimas semanas unha revisión de tarifas á alza. Os billetes para viaxar a Barcelona dende Vigo xa son máis caros entre marzo e agosto.

E é que a marcha de Ryanair supón a redución de frecuencias e a perda de milleiros de prazas para viaxar a Barcelona, polo que optar ás ofertas económicas de Vueling será máis complicado. Así, en xeral, viaxar ao aeroporto do Prat será máis caro dende Vigo que dende os aeroportos de Santiago ou A Coruña.

Noticias web

27/02/2019