CRTVG

Buscar

A maioría dos tripulantes illados no Manuel Laura poderán continuar a corentena nos seus domicilios

Publicado o 04/08/2021 21:08
A maioría dos tripulantes illados no Manuel Laura poderán continuar a corentena nos seus domicilios

Boa parte dos tripulantes que continúan illados no Manuel Laura, o pesqueiro que chegou este martes a Vigo, poderán continuar a corentena nas súas casas, segundo fontes sanitarias. 

Iso si, hai unha excepción. Trátase dun dos tripulantes que seguirá no barco porque "non pode garantir as condicións de illamento na súa casa".

Polo de agora confirmáronse 9 positivos entre os 12 tripulantes. Tres tiveron que ser ingresados no Álvaro Cunqueiro. 

O Manuel Laura regresou despois de que lles fora denegado auxilio en Castletownbere por parte das autoridades irlandesas, que incumpriron o Regulamento Sanitario Internacional, segundo denunciou o luns a CIG, que lle pediu á Xunta e ao Goberno de España que tomara medidas respecto diso.

 

 

Noticias web

04/08/2021