CRTVG

Buscar

A maioría dos locais hostaleiros vanse acoller ao nivel de máis ocupación

Publicado o 13/09/2021 15:05

O novo protocolo da hostalería entra en vigor este mércores e hoxe a Xunta e o sector asinaron as novas normas. Habera dous niveis en toda Galicia. A maioría ten previsto acollerse ao nivel 2, o que permite unha maior ocupación tanto no interior como no exterior, pero que esixe tamén máis medidas de seguridade. 

A partir desde mércores a hostalería xa non vai depender da situación epidemiolóxica dos concellos, senón das normas que cada local decida poñer en funcionamento. 

A sinatura do acordo pon fin a semanas de traballo entre a Xunta e o sector. Administración e hostaleiros están satisfeitos co acordo. O novo protocolo pretende achegar máis estabilidade a un sector que leva meses demostrando que é seguro. A Xunta destinou 120 millóns de euros en axudas á hostalería e ao turismo. 

 

Noticias web

13/09/2021