CRTVG

Buscar

A maioría dos contaxios en Cangas, relacionados co equipo de balonmán

Publicado o 19/10/2020 14:46

Cangas espertou en alerta vermella, pero poucos veciños se decataron diso. 18 dos 29 contaxiados están relacionados co equipo de balonmán de Cangas.

Dende o Concello recomendan extremar as precaucións como fixeron o pasado verán, en que a poboación cumpriu as normas e os contaxios foron puntuais. Van extremar tamén a vixilancia en cafeterías e locais de ocio, e están á espera do que ditaminen a Xunta e as autoridades sanitarias.

Os últimos datos confirman que a área sanitaria de Vigo vive o peor momento da pandemia. Sanidade confirmou 98 novos contaxios na cidade olívica e a súa contorna, o que supón a cuarta parte dos positivos de Galicia. Moitos deles están relacionados con reunións familiares na ponte do Pilar.

Noticias web

19/10/2020