A maioría do TC cre inconsitucional a suspensión do Congreso pola covid

Este venres transcendeu a deliberación do Tribunal Constitucional que, de confirmarse, sería un novo golpe contra o Goberno e os partidos que o apoiaron na xestión da crise sanitaria. A sentenza declarará inconstitucional o acordo da Mesa do Congreso, que limitou a actividade do Parlamento durante o primeiro confinamento, porque entende que vulnerou o control parlamentario sobre o Goberno.
Esta resolución, que previsiblemente se votará no próximo pleno, sería o segundo gran varapau xudicial para o Executivo, despois de que o Constitucional anulara o confinamento domiciliario de marzo.
A voceira do Partido Popular cre que esta sentenza pon na picota a estratexia do Goberno. Di Cuca Gamarra que Pedro Sánchez usou a pandemia como xustificación para sumir o estado de dereito no seu autoritarismo. Cre que cada medida do executivo buscaba atribuírse máximos poderes con mínimos controis, e defíneo como unha apisoadora de dereitos fundamentais.